Eran cinco ou seis, non recordo ben. Viñeran das Galápagos para coñecer a pesca galega. O seu programa incluía varios días de clases teóricas en Bamio e outras tantas xornadas de prácticas que os levarían a ver o funcionamento de confrarías e lonxas das rías de Pontevedra e Arousa. Aquela mañá de abril de hai doce anos pasárona en Portonovo. No peirao esperábaos un vello pesqueiro reconvertido en aula tecnolóxica. Ó mando estaba un antigo patrón que xa podía navegar augas máis tranquilas.
Pregunteille ó vello capitán se botaba en falta o mar. ‘Urbanita’ de min, formara na cabeza unha imaxe bucólica do mariñeiro tomando o temón e sucando as augas, co pelo mollado e un medio sorriso na boca. Primeiro arqueou moito as cellas ata que case lle saíron pola caluga, despois riu e dixo: “Para nada. Para nada de nada”. (...)
http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/323147-lonxe-augas-tranquilas
No hay comentarios:
Publicar un comentario