viernes, 9 de septiembre de 2011

Un post moi persoal

Este é o discurso que lin na voda do meu mellor amigo, Xavier Campos, hai dúas semanas. Apetecíame colgalo, xa vedes.



Os xornalistas somos expertos en facer preguntas, así que imos comezar con iso, cunha pregunta. Cando xurdiu esta historia de amor? Algúns opinarán que hoxe. Serán uns poucos, que aínda pensan que o día da voda é o que marca o aniversario dunha parella. Falso. Outros moitos, que se cren máis enterados, opinarán que foi hai dez anos, cando se propagou por Ribadeo o rumor de que Ana Méndez-Iragorri se namorara do profesor de galego, o que a piques estivo de custarlle un desgusto a Suso Acevedo. Tamén é falso, e non me refiro só ó feito de que o profesor de galego era, en realidade, un becario en prácticas de nome Xavier Campos, senón a que esta historia de amor, señores, e esta exclusiva dóullela gratis, comeza en 1984 no bar Venecia. Un día dese ano, unha señora entrou no bar e anunciou que xa nacera o bebé que agardaba a muller do aparellador e que fora unha filla. Rosa, a mai de Xavier, sacou a relucir o seu lado práctico e dixo. “Que ben: nenas para os meus nenos”. Ese é o comezo da historia, non outro. Cando este home sexa alguén importante, que o será, e lean a súa biografía nos xornais, non esquezan que aquí souberon como foi o principio de todo.


Foi nese bar, no Venecia, onde Xavier aprendeu o oficio de ser Xavier. E ese non é un oficio fácil. Para non extenderme moito direi que o oficio de ser Xavier resúmese en dous puntos básicos que xa che quedaban claros despois de pasar un par de recreos con el en sexto de EXB. Por el devecían as mozas, que se arrimaban, e por el devecían os mozos, que o elixían o primeiro cando xogabamos ó fútbol. Algo tiña o tal Xavier. Eses dous puntos básicos dos que falo foron evolucionando co paso do tempo. No instituto xa non xogabamos ó fútbol, pero todos querían achegarse a el porque era con el con quen se podía falar. As mozas, por certo, seguían devecendo por el. Na universidade (ben, aquí imos deixar a un lado o tema de que as mozas seguían devecendo por el porque tampouco é cuestión de seguir dicindo obviedades); na universidade, digo, descubrín o seu compromiso, o seu amor por Galiza e a súa materialización en feitos concretos. E este aspecto é importante. Xavi mollouse sempre. E para el aquelo dos CAF, da UMG, do Bloque, non foi unha aventura universitaria, foi, é, con permiso de Ana, o amor da súa vida. Recordo ós que o criticaban; brando, dicíanlle. Sei de moitos deles agora, totalmente afastados dese compromiso do que falaba. Xavi estivo sempre aí. Segue aí. Para el aquel compromiso é para sempre. Gústame pensar que ese mesmo compromiso é o que reforza a nosa amizade, o que lle deu a personalidade necesaria para ignorar a todos aqueles que lle preguntaban que que carallo facía sendo amigo meu. Unha vez escribinlle que a emigración rebenta os lazos febles e mantén vivos os fortes. Agora, dez anos despois de marchar de Ribadeo, sei que a nosa amizade sobrevivirá a vodas, bautizos, comunións e incluso a campañas electorais. Non é unha suposición. Sei que é así. Un día, non hai moito, díxenlle se me podía facer un favor. Necesitaba que viñese a Pontevedra e asistise a un acto que organizaba unha persoa da miña familia. Fíxoo. Unha semana despois alguén preguntoulle que a que fora a Pontevedra. El só respondeu: “Chami pediume que fora”.


Pronto fará vintedous anos desde que nos fixemos amigos. Nese tempo os dous percorremos quilómetros en Ribadeo, en Santiago, en Pontevedra, pateando a herba e os adoquíns, falando, levantando sempre a hostalería do país. Polo camiño, fomos quen de calar, de separarnos e de volvernos a arrexuntar, de escribir servilletas de bar con poemas de amor xuvenil, de berrar o gol de Koeman contra a Sampdoria, de discutir, de cantar a Sabina á orella das mozas con dubidoso éxito, de arranxar o mundo, de namorarnos media ducia de veces tirando polo baixo, de contarnos o noso primeiro todo, de descubrir quen somos. Eu sei quen son. E sei quen es ti, Xavier. Es o meu amigo, o ombro no que chorei cando tiven que chorar, a cervexa coa que brindei cando quixen rir e a man que me axudou a levantar as veces que caín. Non son tópicos. Isto pasou. E a estas alturas da película, Xavi, e aclárocho porque igual aínda non te deches conta, é hora de que asumas que sempre fuches o mellor de todos nosoutros.

28 comentarios:

  1. Non digo o mellor porque non quero ser atrevido, pero do mellor que escribiches nunca, seguro. Quedas contratado para a miña segunda ou terceira voda, a ver como vas de tempo.

    ResponderEliminar
  2. Se o mellor que escribín na miña vida foi o discurso dunha voda, apañados vamos

    ResponderEliminar
  3. Déjà vu.
    Me siento como si ya lo hubiese escuchado en directo,sin otras voces,sin otros ámbitos.
    Aplauso foquita,camarada Adrían.

    ResponderEliminar
  4. Será un déjà vu, sí.
    Y cuidado con los codos, Laimbeer, que mañana voy a coger la posición en el toco del Recuncho.

    ResponderEliminar
  5. Excepcional.
    El maindemiurgo se quedó corto en sus halagos.Curioso ¿no?
    Yo también me apunto a escuchar un discurso así el día "más feliz de mi vida".Si llega.
    Mi más sincera enhorabuena.

    ¿Sabemos algo nuevo del peatón feliz?

    Final polémico:"Xavi é hora de que asumas que sempre fuches o mellor de todos nosoutros".
    Con matices. Bebiendo cerveza,no.

    ResponderEliminar
  6. Sobre la nula capacidad de Xavi para beber cerveza en cantidades industriales, Sláine, ya dije al principio del discurso que no era cuestión de decir obviedades

    ResponderEliminar
  7. Espero que meus curmans le hallan perdoado. Magnifico.

    ResponderEliminar
  8. Perdón, corrijo: "Espero que meus curmans le haya perdoado. Magnífico"

    Mais añado: qué de novo quere saber de mi Sláine

    ResponderEliminar
  9. Guau, eu quero un amigo/a así, que aínda que non mo diga na miña voda, atope o momento para decirmo :))
    Estoume aficcionando a la ler o que escribe a túa pluma :) Todo empezou na voda de Paula e Maseda.
    Laura

    ResponderEliminar
  10. Moi agradecido, Laura, pero, como queda claro no post, o verdadeiramente bo é Xavi. Este discurso quedoume mellor que o da voda de Paula e Mase. Debe de ser a experiencia e que estaba menos nervioso (as 'tablas', que lle din).
    Encantado de que me leas. Encantadísimo, de feito.

    ResponderEliminar
  11. Pero que grata sorpresa! Nunca me hubiera imaginado que dominabas el gallego: debieras de usarlo con mas frecuencia. Una lamentable deficiencia del Diario es su escaso contenido en gallego. En vez teneis una absurda version en gallego como si el gallego fuera un idioma extranjero: ni el castellano ni el gallego debieran serlo en Galicia. Un buen modelo es el de Xornal de Galicia. Hay que acabar con la dicotomia de gallego hablantes y castellano hablantes: la prensa tambien puede "hacer Patria".

    SOUSA-POZA

    ResponderEliminar
  12. Seguro que ese amigo pensa que a sorte é súa por ter un amigo coma vostede.

    ResponderEliminar
  13. Grandísimo, Adrián!

    ResponderEliminar
  14. Dios... que envexa!!

    ResponderEliminar
  15. Dircurso entrañable,porque le sale de las entrañas y emotivo.
    Un texto destinado a tener el mismo destino que García Lorca...
    Enhorabuena.

    ResponderEliminar
  16. Eu non teño a sorte de coñecer tanto a Xavier, pero este post pareceume unha homenaxe á amizade dende a que miralo de novo. Pode que sexa a autenticidade do discurso o que me leva á palabra BRUTAL, pode que este post sexa un dos mellores textos sobre a verdade que teño lido.
    Parabéns.

    ResponderEliminar
  17. Ahora que Xavier es de la familia.....
    Gracias.

    ResponderEliminar
  18. Fermosísimo Chami,fermosísimo.
    Parabéns.

    ResponderEliminar
  19. FM, ti estabas ollando desde a distancia como o padriño silencioso me daba a chave de entrada: Bienvenido a la familia. :-)

    Dores, tes grande razón no que dis. Brilla porque nace das entrañas. Bicos

    ResponderEliminar
  20. Excelso.
    Y voy más lejos. Le acaba de arreglar la vida en próximas bodas a muchos "best man".
    Registre el discurso antes de que sea tarde.

    ResponderEliminar
  21. Para tirer son chapeau.
    Enhorabuena.

    ResponderEliminar
  22. Vaia... por aí ando eu.

    Moi bo, Adrián. Confeso que houbo momentos nos que cheguei a emocionarme, sobre todo con ese contundente "Chami pediume que fora". É que o di todo.

    NOTA: Eliminei o comentario anterior porque, por despiste, escribira "Xavi" en vez de "Chami".

    ResponderEliminar
  23. Xavi,Chami,tanto da.
    "Pues el que hoy vierta conmigo su sangre
    Será mi hermano; "
    Un discursco precioso y preciso.

    ResponderEliminar
  24. sobre o comezo do noivado, eu diría que foi naquela clase de galego de primeira hora dunha mañá de inverno. Xavier mandáralle ler un texto a Ana e, cando ela pouco máis fixera que comezar, parouna pra dicirlle "¿estás mala da gorxa?". Cando Ana respondeu "non, eu falo así" e Xavi se puxo rubio coma un tomate, coido eu que surdiu o amor...

    ResponderEliminar
  25. En realidade esa anécdota non foi con Ana, senón con Fiamma. Sentaban xuntas e os risos na aula foron unánimes.

    ResponderEliminar
  26. É certo, a anécdota foi con Fiamma; a memoria xogoume unha mala pasada!

    ResponderEliminar
  27. Se le acabó el amor de tanto usarlo...( a él )
    Una pena

    ResponderEliminar